Conferencia de Fernando Agrasar na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes, 24 de febreiro, ás 19:30 terá lugar a segunda das conferencias do ciclo “Vivenda colectiva s.XX: A Revolución Social” na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) titulada “Habitar ideas: Alison & Peter Smithson”, impartida polo profesor da ETSAC Fernando Agrasar.

A entrada é libre ata completar capacidade.