Concurso para estudantes Capela dos Encontros no Colexio de San Agustín

O Colexio Maior Universitario San Agustín de Santiago de Compostela convoca un concurso de ideas e deseño para a definición dunha solución para o teito da Capela dos Encontros, a iluminación e o deseño e mantemento do pavimento, no marco do proceso de renovación da capela colexial iniciado no ano 2024 coa creación do comité de dirección artística para a renovación e actualización da capela.

Este concurso de ideas, con intervención de xurado, está dirixido a estudantes da Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Bases do concurso e máis información