Faladoiro do Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia con Jorge Salgado Cortizas

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia retoma o seu ciclo de Faladoiros, iniciativa concibida como un espazo de encontro, reflexión e diálogo ao redor da construción en madeira, dirixida a profesionais do ámbito da arquitectura, a enxeñería, a construción e a industria forestal-madeira.

Nesta nova edición, que terá lugar o martes, 24 de febreiro, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro, de Santiago de Compostela, contaremos co arquitecto Jorge Salgado Cortizas, recoñecido polo seu traballo en proxectos que incorporan a madeira como material estrutural e arquitectónico. Durante o Faladoiro compartirá a súa experiencia profesional, os criterios que guían a súa aproximación ao material e as principais aprendizaxes derivadas de distintas intervencións realizadas en madeira, tanto en obra nova como en rehabilitación.

Máis información