Conferencia de Luz Paz Agras na Real Academia Galega de Belas Artes

O vindeiro martes, 10 de febreiro, ás 19:30 horas dará comezo o ciclo de conferencias “Vivenda colectiva s.XX: A Revolución Social” na Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) coa conferencia titulada “A política efectiva: A Viena roxa”, impartida pola profesora da ETSAC e coordinadora do ciclo Luz Paz Agras.

A entrada é libre ata completar capacidade.