Call of Papers BAC16 (2026)

 

BAC Boletín Académico Revista de Investigación e Arquitectura Contemporánea é a revista científica da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Edítase en formato Open Journal System (OJS), con periodicidade anual, e segue o procedemento de revisión por pares de dobre cego.

Cada número acolle artigos de investigación, entrevistas, críticas de arquitectura e recensións de publicacións, sen unha temática específica, sempre que sexan achegas orixinais e inéditas e teñan relación coa arquitectura.

Os envíos deben axustarse ás normas que figuran na páxina web da revista: https://revistas.udc.es/index.php/BAC/about/submissions

A data límite para a recepción de orixinais do número 16 é o 30 de abril de 2026. Os textos poden achegarse en español, galego e inglés para a súa valoración. No caso de aceptarse a publicación, deberá achegarse tamén a tradución para que cada texto se publique en español e inglés ou en galego e inglés.

En 2026, BAC tamén publicará os artigos seleccionados do congreso Architectures of the Sea: Atlantic Ocean, organizado pola Universidade da Coruña. Na páxina web do congreso pódese consultar toda a información e os prazos para a presentación de resumos: https://udc.es/es/sealabhaus/Congreso-Cientifico/