
O profesor da ETSAC Óscar Fuertes participa nas aulas científicas “A luz da ciencia” que se celebran hoxe e mañá no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña co título “Memoria entre mareas. Unha nova ollada aos patrimonios marítimos da provincia da Coruña”.
Óscar Fuertes intervirá o sábado 7 de febreiro ás 10.30 horas na sesión “Vidas novas para bens antigos. Patrimonio Industrial e paisaxe” coa ponencia “O patrimonio marítimo inmoble no litoral Coruñés: casos de estudio de distintas tipoloxías edificatorias”.