Inauguración de Internalities no Centro Galego de Arte Contemporánea

Internalities: Architectures for Territorial Equilibrium, o Pavillón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia de 2025, explora como os arquitectos podemos (e debemos) minimizar as externalidades ambientais asociadas cos procesos de produción para avanzar cara á descarbonización da construción. Internalities pon en valor o traballo dunha nova xeración de estudios españois caracterizados polo emprego de recursos locais, rexenerativos e de baixa pegada de carbono. Colectivamente, contribúen a profundar nas ecoloxías rexionais de materiais como a madeira, a pedra e a terra, así como nos bosques, canteiras e chans de onde proceden. Estes traballos xeran así novos equilibrios territoriais e desenvolven novos acordos entre ecoloxías e economías.

A presentación de Internalities no CGAC constitúe unha oportunidade para vincular os obxectivos de descarbonización da exposición ás condicións arquitectónicas, económicas e ecolóxicas galegas. Arquitectos, responsables políticos, expertos e axentes sociais explorarán como vincular a descarbonización ao uso dos recursos propios de Galicia en catro conversacións articuladas baixo o título “Internalities” para Galicia.

Máis información e programa dos días 6 e 7 de febreiro