
O mércores 28 de xaneiro, ás 17:00 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións Temporais e Eventos Carlos III da Fundación Exponav en Ferrol a exposición Galicia, unha Escola como parte do seu percorrido itinerante. A mostra conmemora o cincuenta aniversario (1975–2025) da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.