
Mañá martes, 27 de xaneiro, ás 19:30 horas, continúa o ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes” da Real Academia Galega de Belas Artes.
A conferencia “As cidades do dragón” será impartida por Miguel Abelleira Doldán, director da ETSAC. Esta charla é a segunda relativa a China e versará sobre unha análise comparativa, desde as súas orixes ata a contemporaneidade entre dúas das cidades máis importantes, e á vez máis coñecidas do país asiático: Pekin e Xangai.
A actividade terá lugar no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.