
O vindeiro martes 20 de xaneiro continúa na Real Academia Galega de Belas Artes o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes”, actividade coordinada polo arquitecto, académico y profesor xubilado da ETSAC Xosé Manuel Casabella López.
A seguinte conferencia titulada “EnJoint China. Expedición ETSAC 2025” será impartida polos profesores da ETSAC Miguel Abelleira e Luis Walter Muñoz Fontenla e tratará sobre aspectos relativos á duodécima edición do Joint Graduate Design Project, froito dun convenio da UDC coas universidades chinesas de Harbin Institute of Technology (HIT) e Inner Mongolia University of Technology (IMUTSoA).
A primeira charla, propón un percorrido polo percorrido realizado pola expedición, poñendo o foco no grupo, nas persoas. Unha visión particular da última experiencia desenvolvida no marco dese convenio. Un paseo compartido polos recordos da viaxe.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.