
A Fundación Alejandro de la Sota lanza a sexta edición do Concurso Internacional InstaFASota, unha convocatoria que convida a mirar, interpretar e representar gráficamente a arquitectura de Alejandro de la Sota desde unha nova perspectiva.
Nesta ocasión, a proposta vira ao redor dun concepto esencial na súa obra: os módulos.
Como interpretarías este concepto nos proxectos de don Alejandro? Como o traducirías nunha imaxe?
Seguindo a liña das edicións anteriores, o obxectivo é deseñar unha imaxe elaborada, de creación ou interpretación libre, que —a partir de calquera das obras construídas ou proxectos de Alejandro de la Sota— explore o tema do concurso. A técnica é libre, podendo utilizar fotografía, debuxo, fotomontaxe ou colaxe.