
En novembro de 2025 a Xunta de Galicia resolveu o concurso de ideas convocado co fin de obter un prototipo de chiringuito biosostible integrado na paisaxe das praias e das contornas naturais costeiras galegas. En total, 3 das 16 propostas finalmente admitidas e avaliadas foron seleccionadas para ser incluídas na proposta final.
Hoxe terá lugar, ás 12 horas, no auditorio de Ribeira, a entrega de premios e exposición de proxectos galardoados O primeiro premio foi para Emilio José Granda e Santiago Ramos, pola proposta «Do mar ao furancho», o segundo (na imaxe) foi para o estudo Fuertes Penedo, formado por Iago Fernández e o profesor da ETSAC Óscar Fuertes, e o terceiro foi para o profesor da ETSAC Carlos Quintáns, en colaboración con Miguel Mosquera.