Actividades formativas no marco do proxecto POCTEP Green Gap

A próxima semana terán lugar dúas actividades formativas no marco do proxecto POCTEP Green Gap, centradas na renaturalización urbana e a restauración ecolóxica.

Por unha banda, o mércores 26 de novembro, o CITEEC acollerá o curso “Evaluación y seguimiento de Estrategias de Infraestructura Verde y de renaturalización urbana” a cargo de Francisco Alberto Varela García, Director do Departamento de Enxeñaría Civil e Investigador Principal do proxecto Green Gap na Universidade da Coruña.

Programa do curso e formulario de inscrición

A formación, que será impartida na Sala de Visualización, ofrecerá unha visión práctica sobre renaturalización urbana e ferramentas de avaliación, incluíndo o sistema de indicadores do proxecto Green Gap e o seu visor cartográfico, permitindo ás persoas participantes aplicar os coñecementos na planificación e seguimento da infraestrutura verde local.

Ao día seguinte, xoves 27 de novembro, terán lugar as xornadas “Retos y oportunidades para la restauración ecológica en la Eurorregión Galicia–Norte de Portugal” na ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos. Esta actividade acollerá a ponencia de Francisco Javier Sanz Larruga, Catedrático de Dereito Administrativo, quen abordará a Lei de Restauración da Natureza da UE; así como a intervención de Yaiza Rodríguez Lueje, investigadora do Programa de Doutoramento en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión, quen analizará o papel das especies exóticas invasoras e a necesidade da súa xestión na infraestrutura verde local.

Programa das xornadas e formulario de inscrición