Resolución do concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero

Reunido o xurado do concurso de traballos académicos con perspectiva de xénero “Pascuala Campos de Michelena”, o martes 18 de novembro as 10:00 h na Sala de Xuntas do edificio de departamentos da ETSAC, resolveu outorgar os seguintes premios segundo categorías:

TRABALLOS FIN DE GRAO:
1º PREMIO: CENTROS MAGGIE. A ARQUITECTURA DA ESPERANZA. Autora: Nerea López Bolón
2º PREMIO: Elizabeth Denby y la vivienda colectiva. Estrategias de proyecto para el habitar contemporáneo. Autora: Miriam Moldes Montes
3º PREMIO: Análisis de los medios editoriales de la arquitectura contemporánea en España. El papel de la edición en el auge del Podcast. Autora: Rosalía Veiga Rodriguez.

En cada un dos traballos valorouse: a calidade dende a perspectiva de xénero, a súa relevancia e carácter innovador na temática, a metodoloxía dende a perspectiva de xénero, o uso dunha linguaxe inclusiva e as referencias bibliográficas nas que se visibilizan achegas de mulleres no área de estudo.

TRABALLOS FIN DE MASTER:
Non se presentaron contribucións

A entrega de premios será o día 11 decembro as 13:00 horas no salón de graos do edificio de departamentos.