
Este luns, 10 de novembro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Santiago de Compostela é algo máis», que estará impartida polo arquitecto Xerardo Estévez e o arquitecto e profesor da ETSAC Alfonso Salgado.
A conferencia versará sobre a posta ao día do significado e a transcendencia de Santiago de Compostela no mundo, con motivo do 40º aniversario da súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial. Partindo da xeografía e a arquitectónica da cidade, abordaranse os desafíos actuais máis importantes: turismo, vivenda, mobilidade, co horizonte inmediato do Ano Xubilar 2027.