
O vindeiro martes 4 de novembro continúa o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes”. A actividade está coordinada polo arquitecto e profesor da ETSAC Xosé Manuel Casabella López.
A sexta conferencia titulada “Estudio Liqe. Obra Recente” será impartida por Javier Couto María José Núñez e Laura Priegue, arquitectos pola ETSAC no que explicarán as últimas obras proxectadas polo Estudio Liqe integrado por un equipo adaptable de arquitectas e arquitectos situado en Vigo e dedicado ao ámbito da arquitectura, interiorismo, paisaxe, urbanismo, deseño e publicidade. Liqe ten realizado proxectos domésticos (Casa Canaval, Edificio de vivendas sociais en Barreiro, Casa Mouteiras….); reformas (renovación de vivenda en Saiáns, A routada do Chairo…); ámbito terciario (Rehabilitación de edificio para Centro Asistencial de Ibermutua, La imprenta, Heladería Mamma Mía en Navia…); no sector público (Biblioteca Pública de Ponteareas, Praza do A de Cerdedo, Praza de Galicia en Santiago…), etc., obras básicamente encadradas na provincia de Pontevedra.
O acto terá lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.