Conferencia “Procesos de transformación urbana” en Santiago de Compostela

Por mor do concurso do Conector Central da cidade de Santiago de Compostela, recentemente anunciado, a Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza unha serie de conferencias sobre os “Procesos de Transformación Urbana”.

A primeira das charlas será impartida por César Mosquera. Nesta conferencia abordarase o caso de éxito da cidade de Pontevedra, recoñecida internacionalmente pola súa transformación urbana, a mellora da mobilidade sostible e a calidade do espazo público. Durante a sesión analizaranse as estratexias, proxectos e resultados que fixeron posible esta transformación, ofrecendo unha perspectiva práctica e inspiradora que poderá servir como referencia para futuros procesos de transformación urbana en Santiago.

Este ciclo de charlas pretende ser un espazo de reflexión e debate sobre proxectos innovadores e experiencias transformadoras, contribuíndo á difusión de boas prácticas no ámbito urbano.

A sesión terá lugar o 4 de novembro, ás 19:30 horas, na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela).

Máis información e inscrición