III Concurso de Traballos con Perspectiva de Xénero “Pascuala Campos De Michelena”

O grupo Igualdade da ETSAC convoca o III Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero “Pascuala Campos De Michelena” co obxecto de incentivar a realización de traballos que inclúan a perspectiva de xénero por parte do alumnado de graos e mestrados, e contribuír, deste xeito, a promover a introdución da perspectiva de xénero na investigación e a docencia na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña.

Neste concurso contémplanse dúas modalidades distintas: traballo fin de grao (TFG) e traballo fin de mestrado (TFM).

Máis información e bases do concurso