Novo Faladoiro CMD: Prieto Patiño Arquitectura

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, organiza un novo Faladoiro, esta vez con Juan Prieto e Faustino Patiño, Prieto Patiño Arquitectura, coa finalidade de compartir experiencias e reflexionar sobre os retos aos que se enfronta a profesión ante o interese pola construción en madeira. A cita será o mércores, 19 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa do Taberneiro, de Santiago de Compostela.

O estudo destaca por empregar a madeira como un material versátil que une técnica e emoción, adaptándose a cada contexto e reivindicando o seu valor contemporáneo na arquitectura galega.

Trala intervención, abrirase un diálogo entre todos os asistentes no que poder compartir, dunha maneira coloquial e cercana, cuestións de interese na construción e rehabilitación con madeira. Non existe máis pretensión que compartir un momento de distensión entre profesionais coas mesmas inquedanzas.

Máis información