Virtualizando o edificio Castromil 50 anos despois da súa demolición

O próximo 31 de outubro ás 18.00 celebrarase unha mesa redonda sobre o Edificio Castromil no 50 aniversario da súa demolición no auditorio do Museo do Pobo Galego. O evento, moderado por Paula Franjo Calvo e Santiago Rodríguez Caramés, membros do equipo de traballo do proxecto ARSOGAL, contará coa presenza de Carlos Almuíña, Xosé Manuel Casabella e Xosé Lois Martínez Suárez, tres dos arquitectos que asinaron o anteproxecto de rehabilitación do inmóbel (1975), e Carlos Paz de Lorenzo, membro do Centro Infográfico Avanzado de Galicia e autor, xunto con Andrés Armesto Cortiña, da virtualización 3D deste proxecto.

Este evento enmárcase nos traballos de investigación do proxecto estatal “Arquitecturas soñadas. Proyectos fallidos y pensamiento utópico en la historia de la arquitectura de Galicia” (ARSOGAL, PID2022-137098NB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, programa Generación del Conocimiento (2022).

Máis información