Charla sobre planificación de cidades saudables

O vindeiro mércores 22 de outubro de 2025, ás 16:30 h, no salón de actos da ETSAC, terá lugar unha charla sobre planificación de cidades saudables a cargo de Ester Higueras, doutora arquitecta, urbanista e investigadora especializada en arquitectura bioclimática, cidade e contornos saudables na Universidade Politécnica de Madrid. Ao longo da sesión abordaranse cuestións como a relación entre urbanismo e saúde,  a creación de oasis térmicos,  as solucións baseadas na natureza ou a planificación das cidades para todas as idades. A actividade insírese na materia Urbanística 5, mais está aberta a toda a comunidade da ETSAC.