No espazo polivalente da planta (-2) da ETSAC está presente a exposición GAZA. A opresión a través da negación do hábitat, concibida desde a Escola Técnica Superior de arquitectura da Universidade da Coruña, onde un grupo académico se conforma como OBSERVATORIO GAZA. Enraíza-se desde a práctica docente e investigadora desenvolvida no marco da matéria Hábitat Básico, do 10.º cuatrimestre do Grau en Estudios de Arquitectura.
Resulta da aplicación de instrumentos da arquitectura para representar, medir, cuantificar, comparar e mapear con rigor e cos máximos niveis de precisión os procesos de destrución do hábitat sucedidos en Gaza como consecuencia dun ataque militar recoñecido como xenocida.
OBSERVATORIO GAZA entende a academia coma espazo cívico, titular de responsabilidade. Por iso esta exposición.
En 10 paneis, dous grandes mapas e o visionado da película “No Other land” percórrese o desenvolvemento do proceso de opresión étnica a través de violencias espaciais como a transformación da paisaxe, a negación do dereito ao hábitat e a desposesión do dereito á cidade e por último, o Urbicidio.
Convidamos a mirar con calma, a contrastar datos e a imaxinar o que virá despois.