O vindeiro martes 14 de outubro continúa o Ciclo de conferencias “Experiencias en arquitectura. Investigacións e realizacións recentes” encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 7 conferencias. A actividade está coordinada polo arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella López.
A cuarta conferencia titulada “Arquitectura, función e innovación” será impartida por Mateo Miyar e tratará sobre a traxectoria do Estudio miyarq, equipo de urbanismo, arquitectura e deseño formado por máis de 15 profesionais que produce traballo altamente orixinal. Os seus deseños non só son arquitectónicamente innovadores e visualmente excitantes, senón tamén obxectos altamente funcionais inspirados pola natureza e a importación de ideas e tecnoloxías.
A conferencia terá lugar ás 20.00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.