Octubre mes urbano

Coincidindo coa relevancia que ten o mes de outubro na axenda internacional nos campos da arquitectura e o urbanismo, a Área de Urbanística e Ordenación do Territorio da Universidade da Coruña estableceu unha axenda de actividades relacionadas.

O martes 14 ás 10:00 horas no Salón de Actos da Escola realizarase a presentación destas propostas, proxectos ou investigacións.

Ademáis, o mércores 22 de outubro ás 16:30 horas no Salón de Actos da Escola, terá lugar a conferencia de Ester Higueras, Catedrática da ETSAM sobre “Cidades bioclimáticas e saudables”, onde esperamos contar coa vosa participación.