O MUA 25|26 en Pontevedra

O venres, 3 de setembro, o profesorado e estudantado do Máster Universitario en Arquitectura viaxaron a Pontevedra para visitar os emprazamentos de traballo do curso 2025|26. Tamén se visitaron os Baños de San Xusto acompañados por Cristina García Fontán, autora do proxecto, e a nave e exposición de iluminación de Tecsoled, nas que tamén participou o alumnado de Contract do Máster Universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial da UDC.