A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a Semana da Arquitectura de Ferrol 2025 dedicada á Arquitectura Relixiosa, en colaboración co Concello de Ferrol, a Diócese Mondoñedo Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
As actividades organizadas levaranse a cabo en dúas xornadas, a celebrar os días 8 e 9 de outubro:
Mércores, 8 de outubro
CONFERENCIA: “La arquitectura religiosa contemporánea en Europa: perspectivas críticas”
19.30 horas
Antigo Hospicio Municipal (Rúa Méndez Núñez, 11)
Na xornada do mércores, o doutor arquitecto e profesor da ETSAC Esteban Fernández-Cobián impartirá unha conferencia no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol titulada “La arquitectura religiosa contemporánea en Europa: perspectivas críticas”.
No transcurso da conferencia abordará tres temas: a decadencia das relixións na Europa Occidental, na que falará do papel da relixión no espazo público, a desacralización, a reutilización e a derriba dos edificios destinados ao culto; a eclosión da relixiosidade na Europa Oriental, tanto nos países católicos como nos ortodoxos; e a relación entre a arquitectura relixiosa e os movementos de poboación, en todo aquilo que se refire á relixiosidade dos inmigrantes, aos espazos turísticos e aos santuarios de peregrinación masiva. Finalmente, realizará algunhas reflexións sobre o futuro da arquitectura relixiosa no Vello Continente.
O acceso á conferencia é libre e gratuíto. Ao rematar a visita compartiremos uns petiscos.
Xoves, 9 de outubro
ROTEIRO A PÉ CON VISITAS GUIADAS
17.00 horas a 20.00 horas
Na xornada do xoves, levarase a cabo un roteiro a pé con visitas guiadas, para coñecer en detalle tres santuarios ferroláns da man de tres arquitectos. O itinerario da visita será o seguinte:
17.00 horas
SAN PEDRO APÓSTOLO
Felipe Picos Brage
Arquitecto
18.00 horas
SAN FERNANDO E NOSA SEÑORA DO PILAR
Ramón Montero Cereijo
Arquitecto
19.00 horas
CONCATEDRAL DE SAN XIAO
José Antonio Alonso Rodríguez
Arquitecto
O acceso á visita guiada é libre e gratuíto.