A sexta edición da Semana da Arquitectura da Coruña, desenvolverase do 6 ao 12 de outubro baixo o lema “A cidade do público”.
A edición deste ano pon o foco nos espazos comúns da cidade, desde a praza de María Pita ata proxectos recentes de recuperación urbana, e está organizada polo Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Programación de actividades
Luns 6 de outubro
11.00 h → Presentación do Festival Atmósferas (Salón Real).
Martes 7 de outubro
18.00 h → Presentación de obras do Festival Atmósferas (Salón Real).
19.00 h → Conferencia de Eduard CallIs, “Calle: atmósfera y comunidad” (Salón Real).
Mércores 8 de outubro
13.00 h → Aula aberta de Paisaxe Cultural, “De espacios industriales a parques urbanos”, con Juan Caridad e Tom Núñez (Parque Europa).
17.30 h → Mesa redonda “Proyectar plazas y parques”, con Felipe Peña, José González-Cebrián, Cristina García Fontán e CREUSeCARRASCO. Modera Jorge Rodríguez. (COAG Coruña).
19.00 h → Presentación da monografía En Blanco nº 38: CREUSeCARRASCO (COAG Coruña).
Xoves 9 de outubro
11.00 h → Aula aberta de Introdución á Arquitectura, “Soluciones sostenibles para el desplazamiento”, con Patricia Muñiz e Suha Alnajjar (Salón de actos da ETSAC).
13.00 h → Conferencia “Incertidumbre” de Xevi Bayona (Salón de actos da ETSAC).
17.00 h → Ruta guiada polos Xardíns de Méndez Núñez, con Alberto Fuentes.
19.30 h → Inauguración da exposición “Paisaxes Públicas” (Sala Municipal de María Pita).
Venres 10 de outubro
17.00 h → Taller infantil, con Nuria Prieto (Fundación Luis Seoane).
19.00 h → Charla de Xosé Lois Martínez, “Dos campos ás prazas” (Casa Casares Quiroga).
19.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas, con Nuria Prieto (Praza dos Anxos).
Sábado 11 de outubro
12.30 h → Visita ao Eirón, con Fermín Blanco.
13.00 h → Charla de Arturo Lezcano “Memoria e Esquecemento na fachada da Coruña” (Praza das Bárbaras).
17.00 h → Visita ao espazo exterior do Mercado de San Agustín, con LCG Arquitectura (inicio na entrada de Gadis).
19.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas (Praza dos Anxos).
22.00 h → Ruta polo Festival Atmósferas (Praza dos Anxos).
Domingo 12 de outubro
11.30 h → Taller infantil Palitroques (Fórum Metropolitano).
12.00 h → Ruta guiada pola praza de María Pita e o Concello, con Miguel Abelleira.
17.00 h → Visita á reurbanización do Grupo de Vivendas María Pita, con RVR Arquitectos (inicio na farmacia de Labañou).