Festival Atmósferas · Programa de actividades

O festival atmosferas é un festival de arquitectura efémera que se desenvolverá na cidade da Coruña do 7 ao 12 de outubro
de 2025. Este evento busca reflexionar sobre os espazos públicos da cidade a través da arquitectura. A elección da
tipoloxía arquitectónica, efémera, permite non afectar de forma permanente a cotiandade pero si servir de ensaio para a
comprensión do espazo público dunha maneira diferente.

O festival terá lugar durante unha semana na que non só serán visitables as obras durante tres días, senón que estas acompañaranse de conferencias e charlas. Desta forma as propostas do festival servirán para achegar a arquitectura á
sociedade que poderá experimentala, sometela a crise e reflexionar ao redor dos conceptos que mostran as diferentes obras.

O festival ten como obxectivo diferido revitalizar a percepción da arquitectura como ferramenta de reflexión urbana e como
disciplina para gozar da cidade e comprender o hábitat.

Como parte das actividades organizadas, o xoves ás 13 horas terá lugar no salón de actos da Escola, dentro do EspazoETSAC, a conferencia de Xevi Bayona (Bayona Studio) titulada “Incertidumbre”.

Máis información