Visitas guiadas á exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo

Dentro do marco da exposición A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardoo Museo de Belas Artes da Coruña organiza visitas didácticas para grupos e asociacións culturais para coñecer o percorrido creativo do artista, desde as artes plásticas ata o deseño industrial.


Datas: do 7 de outubro ao 12 de decembro de 2025

Horario:

  • Tardes: martes a xoves ás 17:30 e 18:30 horas
  • Para visitas en horario de mañá, contactar co Museo.

Información xeral:

A visita ten unha duración aproximada de 1 hora, en cada horario só poderá entrar un grupo de 20 persoas.

Todas as visitas son de balde previa reserva.