Exposición de traballos de proxectos na Casa da Cultura de Valdoviño

O venres pasado inaugurouse a exposición de traballos de proxectos de segundo curso (Talleres 3C e 4C) na Casa da Cultura de Valdoviño.

O acto de inauguración estivo presidido polo alcalde de Valdoviño, Alberto González, e polo director da ETSAC, Miguel Abelleira. Asistiron tamén o arquitecto municipal, Carlos Abeledo, a expresidenta das mariscadoras de Cedeira/Vilarrube, Magdalena López, alumnado e profesorado das materias Proxectos 2 e 3 e familiares e amigos.

Cinco das alumnas seleccionadas explicaron os seus traballos, desenvoltos na praia de Vilarrube e en Porto do Cabo. Cada proposta foi comentada polo rexedor municipal, que destacou a calidade dos exercicios, presentados a través de planos e maquetas.

Este é o segundo curso que se traballa no municipio de Valdoviño e faise balance expoñendo unha selección de traballos no marco da Casa da Cultura, proxectada por Manolo Gallego nos anos 80.