O proxecto A Reitoral (CIT) Centro Internacional da Tornería, levado a cabo ao amparo dun convenio entre a UDC e o Concello de Xermade, acaba de recibir un recoñecemento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco dunha convocatoria extraordinaria de premios do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A profesora da ETSAC Luz Paz Agras, responsable do proxecto de rehabilitación da antiga reitoral xermadesa xunto a Marta Marcos, recolleu a distinción entregada pola vicepresidenta terceira do Goberno Sara Aagesen nun acto celebrado no Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid.