Laboratorio da Paisaxe é unha iniciativa de pensamento, aprendizaxe e intervención no territorio que se desenvolve na Provincia de Pontevedra. Este 6º edición terá lugar na área paisaxística do Baixo Miño; un dos espazos naturais máis importantes do territorio galego que ten unha cultura e unha identidade propias cun intercambio cultural e social constante entre ambas marxes.
Está dispoñible unha bolsa completa de matrícula con aloxamento e manutención para estudantes e persoas desempregadas polo que a incrición sería gratuíta para eles. Para optar a esta bolsa as persoas interesadas deben enviar antes do 20 de setembro ao enderezo labpaisaxe@gmail.com : Carta de motivación + copia da matrícula en estudos oficiais: FP, Grao, Mestrado ou Doutorado; se son estudantes desocupados, ou carta de motivación + copia da tarxeta de demandante de emprego con data previa á inscrición, se son persoas desempregadas.
Enlace ao formulario de inscrición con información detallada da edición