Xornada Paisaxe Infraestruturas e Servizos na Casa Ría

Como parte do proxecto de investigación ESMAART, e en colaboración coa Fundación RIA, organizase unha xornada de debate e reflexión centrada na planificación integral dos asentamentos rurais, o venres 18 de xullo, a partir das 9.30 horas.

O obxectivo deste encontro é proporcionar un espazo para o intercambio de coñecementos e a análise crítica dos principais desafíos aos que se enfrontan as zonas rurais, desde unha perspectiva técnica, ambiental e social.

A xornada estrutúrase en bloques dunha hora, cada un deles composto por unha presentación temática de 40 minutos, seguida dun tempo para o debate aberto e a reflexión colectiva.

O programa reúne voces recoñecidas dos ámbitos académico, profesional e institucional, abordando o rural galeguista desde múltiples perspectivas.

  • Metabolismo territorial e social
  • Integración de infraestruturas no rural
  • Mellora dos servizos básicos locais
  • Conservación da biodiversidade
  • Incorporación da perspectiva de xénero na planificación.

Inscrición (últimas prazas): https://forms.office.com/e/6zBhnM5Svc