Encontro de axentes territoriais · Proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees

O pasado 3 de xullo, na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela), tivo lugar o 7º Encontro axentes territoriais interesados (RSG) do Proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees, organizado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e o Instituto de Estudos do Territorio.

No encontro valorouse o estado do proxecto Green Infrastructure for Forest and Trees, coa participación do coordinador do Grao en Paisaxe Juan Caridad como experto enviado á Peer Review de Bélgixa organizada no mes de abril; as accións piloto aprobadas no mes de xuño (Green InfraTREEstructure in the Landscape en Galicia e Wood Mould Boxes for Leipzig’s Citizens Allotments en Leipzig), e as boas prácticas de Galicia que se presentarán no 3º Seminario Temático Interrexional que se celebrará en outubro en Riga (Identificación de soutos na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; O Bosque de Galicia: un bosque periurbano que enlaza co corazón cultural de Santiago de Compostela e Barbanza Ecosocial Lab, un laboratorio vivo para a xestión multifuncional e a custodia colectiva da terra).