Despois de varias semanas de traballo, o profesor Pepe Vázquez obtivo a acreditación no FabAcademy 2025, conseguindo así que o FabLab da ETSAC forme parte da rede The center for Bits and Atoms integrada no MIT.
Este fito importante aporta visibilidade ó noso FabLab e pode atraer a futuros estudantes, ademais de poder ofrecer unha formación complementaria se queremos converternos nun nodo para unha futura edición do FabAcademy. Nesta ligazón pódese visualizar o mapa de FabLabs en España.
Ademais de estar na Rede de Fablabs Universitarios española, incorporámonos de forma oficial ao grupo de escolas de arquitectura públicas que contamos cun FabLab: o Fablab Sevilla da ETSA de Sevilla e o FabLab Donostia da ETSA de San Sebastián.