Xornada “Tecidos ao Límite: a planificación como ferramenta ante o risco” en Ourense

A Agrupación Galega de Arquitectas e Arquitectos Urbanistas (AGAU) organiza a xornada “Tecidos ao Límite: a planificación como ferramenta ante o risco”, que se celebrará o venres 27 de xuño ás 9:00 a.m. no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Esta xornada forma parte dun encontro de reflexión máis amplo sobre os novos retos do urbanismo, organizado pola AGAU do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co apoio da súa Delegación en Ourense, en colaboración coa Unión de Agrupacións de Arquitectos Urbanistas (UAAU) e a Asociación Española de Técnicos Urbanistas (AETU), coincidindo coa celebración en Ourense das súas respectivas asembleas anuais.

Durante os días 26 e 27 de xuño celebraranse as xornadas técnicas, centradas na planificación fronte ao risco, con mesas redondas e espazos de debate entre relatores e asistentes. O sábado 28 de xuño terán lugar as asembleas da UAAU e a AETU.

Este evento reunirá a profesionais, especialistas e representantes institucionais do ámbito do urbanismo e a planificación territorial, co obxectivo de compartir experiencias, analizar desafíos e propor solucións para as nosas contornas urbanas e rurais.

Máis información e inscrición