O sábado, 7 de xuño, terá lugar o 2ª taller de co-deseño en O Canizo, en A Gudiña (Ourense), como parte do piloto do proxecto ESMAART. Este segundo taller está centrado na enerxía e o metabolismo do territorio. En primeiro lugar, mostrarase o estudo sobre as infraestruturas existentes, a demanda enerxética da parroquia e o potencial de xeración do territorio. A continuación, utilizaremos unha nova aplicación creada no proxecto Esmaart para deseñar e avaliar a infraestrutura necesaria para conseguir a autosuficiencia da parroquia e, no seu caso, a xeración dun excedente enerxético. O obxectivo do taller é propiciar unha discusión e debate sobre escenarios alternativos no marco da transición xusta.
Os resultados do taller serán integrados nunha estratexia integral para o territorio de O Canizo, de carácter consultivo, que será posto ao dispor da comunidade.