Presentación de libro de César Portela no Museo de Belas Artes de Pontevedra

O día 6 de xuño, ás 19.00 horas, a Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza, no Salón de Actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, a presentación do libro de César Portela Mis Casas. Esta publicación recolle unha serie de vivendas unifamiliares proxectadas polo arquitecto e profesor da ETSAC, e ademáis de fotos, planos e memoria de cada casa, figuran textos de compañeiros arquitectos que as coñecen ben, como é o caso do profesor da ETSAC Jesús Llamazares.

O acto é de asistencia libre, ata completar aforo. En caso de estar interesado/a en asistir, será preciso solicitar a asistencia cubrindo este formulario.

O acto estará presentado por Anselmo Villanueva, presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e contará coa intervención de Antonio Barrionuevo e Jesús Llamazares, arquitectos, e Xosé Fortes, historiador, todos eles amigos persoais do autor. Por último, intervirá o propio César Portela, quen compartirá detalles e anécdotas das obras máis significativas.