Conferencia de Marina Otero Verzier organizada pola Cátedra INDITEX-UDC

A Cátedra INDITEX-UDC de IA en Algoritmos Verdes continúa o seu ciclo de conferencias: “Converxencia verde: IA para un futuro sustentable” coa conferencia da arquitecta coruñesa Marina Otero Verzier, profesora na Graduate School of Architecture, Planning and Preservation (GSAPP) de Columbia University (Nova York), onde dirixe Data Mourning, unha iniciativa educativa dedicada á intersección entre infraestruturas dixitais e crisis climática.

A conferencia terá lugar o venres 6 de xuño, ás 12:00 hras., na Sala Cloud do CITIC, no Campus de Elviña da Universidade da Coruña. Aos efectos de previsión de aforo agradecese a inscrición nesta ligazón.