Ata o 2 de xuño é a derradeira oportunidade para inscribierse no Taller de Arquitectura “En la orilla. Lo que hacemos, encontramos y deshacemos”, organizado pola Fundación FPAC do 11 ó 19 de xullo na illa de San Simón.
O taller está coordinado por Juan Creus e Covadonga Carrasco e contará coa participación de Emilio Tuñón + Andrés Regueiro (TUÑÓN + ALBORNOZ Arquitectos) / Mireia Luzárraga + Alejandro Muiño (TAKK Architecture) / Ángela García de Paredes + Ignacio Pedrosa + Luis G. Pachón (PAREDES PEDROSA Arquitectos) / Marina Otero + Ippolito Pestellini / Juan Creus + Covadonga Carrasco (CREUSeCARRASCO Arquitectos). O obxectivo é indagar sobre o paradigma sostible utilizando como campo de traballo e residencia a illa de San Simón na ría de Vigo.
Cada un dos equipos integrado por profesorado e participantes investiga e propón de forma simultánea a través de sesións críticas cruzadas, charlas abertas e postas en común. A matrícula inclúe a residencia na illa, almorzo, desprazamento desde terra, actividades e material. Concederase un máximo de 10 bolsas que cobren o 100% da matrícula.
Colaboran: Universidade da Coruña ETSAC, Universidade Politécnica de Madrid ETSAM, Columbia University GSAPP, Fundación Tba_21, Conselleria de Cultura, Xunta de Galicia, Museo do Mar, Ministerio de Cultura e Acción Cultural Española.