Chamada a comunicacións do número 3 da revista RAM Docomomo Ibérico

A Fundación Docomomo Ibérico pon en marcha a chamada a comunicacións do núm. 3 da revista RAM Docomomo Ibérico (Revista de Arquitecturas Modernas Docomomo Ibérico), unha iniciativa da Fundación para estudar e divulgar os valores culturais do patrimonio moderno nos territorios ibéricos.

Convidámosvos a participar no noso terceiro número, dedicado a DO BLOQUE AO BARRIO.

Data límite de recepción de artigos: 30 de xuño de 2025

Máis información