O xoves día 29 de maio, ás 19.30 horas, a Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza a charla-coloquio titulada “Modelo sustentable para la Rehabilitación, Preservación y Promoción Cultural del Centro Histórico de La Habana”, coa intervención do arquitecto Óscar Jaime Rodríguez Cunill.
A conferencia levarase a cabo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204. Ferrol).
A asistencia é libre e gratuíta. Con todo, para unha correcta organización da xornada, para asistir é recomendable a inscrición a través deste enlace.