A expedición do Joint Graduate Design 2024 2025 da ETSAC UDC xa saíu cara China co fin de ter a defensa final dos seus proxectos na Universidade Tecnoloxica de Mongolia Interior (IMUTSoA).
Nela, os profesores das tres institucións, UDC, HIT e IMUT, formarán un xurado para avaliar os traballos mediante presentacións. Cando o xurado termine, celebrarase unha cerimonia de entregar de diplomas. Este evento terá lugar do 21 ao 23 de maio do 2025.