O vindeiro mércores 7 de maio, ás 18 horas, dentro da materia Hábitat Básico (Aula 4.IA) e aberta á toda a Escola, terá lugar unha charla e mini taller de Esther Menduiña.
Esther Menduiña estudou na ETSAC e traballou con Nacións Unidas e diferentes ONGs en África, Latinoamérica e Europa. Agora é Asesora Global de Vivenda de Emerxencia no Norwegian Refugee Council (NRC), levando a xestión de 17 países en África, un terzo dos que ten NRC, unha organización de 17.000 empregados.