Presentación do cómic “Historia do mosteiro de Caaveiro” na delegación do COAG

O mércores 30 de abril, ás 19 horas, terá lugar na Delegación da Coruña do COAG a presentación do cómic “Historia do mosteiro de Caaveiro. Un lugar milenario no corazón das fragas do Eume”, editado pola Deputación da Coruña, e na que participarán os autores desta banda deseñada xunto cos arquitectos responsables da rehabilitación do monumento.

A obra que se presenta, e da que se obsequiará cun exemplar ás persoas asistentes, é algo máis que un cómic clásico, contén unha lección de historia, arquitectura, arte, natureza e paisaxe. O libro iníciase e finaliza cun festexo centenario de gran tradición en Galicia, como é a romaría de San Xoán Bautista, que dá nome ao mosteiro medieval e, partindo da creación do mundo, penétranos na paisaxe da fraga galega para despois mergullarnos na historia do monumento.

Participan: Delio Rodríguez Ces, Ismael Blanco Bouza, Lois Gómez Souto, Xosé Luís Penas Corral, Daniel Beiras García-Sabell, Celestino García Braña, Isabel Aguirre Urcola, Ángel L. Alonso Méndez e Alfredo González Prieto.