O xoves, 8 de maio, de 18 a 20 horas, Atecyr Galicia organiza na ETSAC unha xornada sobre Rehabilitación Enerxética e CAE.
O obxectivo desta xornada é proporcionar aos profesionais do sector unha visión integral sobre como integrar o CAE dentro dos procesos de rehabilitación, posicionando este certificado non só como un requisito técnico, senón como unha oportunidade económica clave dentro do mercado actual da eficiencia enerxética. A través de exemplos reais e metodoloxías aplicadas, os asistentes poderán comprender as vantaxes e os beneficios deste enfoque, facilitando a toma de decisións estratéxicas nos seus futuros proxectos.