Xentes, Espazos e Lugares é un programa de divulgación e formación non regrada do Proxecto Terra, dirixido á cidadanía en xeral, conformado por un conxunto de charlas que teñen por obxectivo ofrecer unha visión plural e complexa dos espazos e os lugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve neles a nosa vida.
O programa desta edición incide en temas como os novos retos das cidades e vilas intermedias, o actual papel das aldeas na nosa organización social e territorial e as necesidades da vivenda contemporánea. A próxima xornada, que se celebrará o xoves, 24 de abril ás 17:00 horas no Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, 2, 15704 Santiago de Compostela) leva por título “A arquitectura como instrumento de relación coa Natureza”.
Poñentes:
Carme Pinos
Covadonga Carrasco e Juan Creus
Moderadora:
María Fandiño