O vindeiro sábado 26 de abril terá lugar na Gudiña (Ourense) o obradoiro de co-deseño O Canizo, no marco do proxecto piloto ESMAART, coordinado dende a ETSAC. O obradoiro céntrase na valoración do territorio e da paisaxe. Os participantes realizarán un mapeo colectivo para recoller as súas percepcións sobre aspectos como o patrimonio cultural e natural, os lugares ou elementos máis valorados e outros aspectos destacados desde unha perspectiva funcional, produtiva, enerxética ou histórica.
Os obxectivos do obradoiro inclúen establecer valores e obxectivos compartidos, a avaliación emocional da paisaxe e identificar e recoñecer procesos e transformacións (pasados e presentes), sistemas comunitarios, servizos e estruturas de goberno. Os resultados do obradoiro desenvolveranse en fases posteriores para elaborar un plan estratéxico para este territorio, nun proceso de co-deseño inclusivo e participativo.
Taller Co-Deseño O Canizo. Paisaxe, infraestruturas e servizos
Publicado en: principal
– 21 Abril, 2025