O xoves 10 de abril, na sala de exposicións de NORMAL, ás 19.30 h., terá lugar a inauguración da exposición SOBRE TODO, de Enar de Dios Rodríguez.
SOBRE TODO é un proxecto artístico que toma como protagonista o espazo aéreo para configurar unha reflexión política e poética sobre como este lugar está en proceso de converterse en territorio, e como este acto de territorialización pode ilustrar problemáticas actuais relacionadas co Capitaloceno e as súas catástrofes ancestrais (aquelas que son simultaneamente pasado e presente).