
O vindeiro venres, 11 de abril, ás 19 horas, na Fundación Luis Seoane, presentarase a versión en galego da monografía Fernando Blanco: obras e proxectos, editada pola ETSAC e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia coa colaboración da Fundación Luis Seoane. Na presentación intervirán Xabier Seoane, Luis Gil e Miguel Abelleira.